14/01/2015

Traballado empate para despedir a primeira volta

Traballado empate para despedir a primeira volta

Os pupilos de Iván Cao, Lucas, despediron a primeira volta de Terceira División cun traballado empate (3-3) na pista do 5Couruña FS, con goles de Renato, Daniel e Ángel.



Un total de 10 puntos custodia o Burela FS Pescados Rubén no ecuador competitivo, con dúas vitorias e catro empates nun total de trece xornadas.



A segunda volta comezará para os laranxas en Vista Alegre, o sábado 24, coa visita do ADFS Bueu. Na estrea ligueira, os de Lucas impuxéronse 2-3.




Ficha técnica



5Coruña FS: Alfonso (1), Iván Presno, Daniel, Luis, Iván Rey, cinco inicial; tamén xogaron Jesús (1), Andrés (1), Pablo, David, Sergio



Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Aitor, Alemán, Renato (1), Daniel (1), cinco inicial; tamén xogaron Rubén, Ángel (1), Rafa, Alejandro, Javi Fajardo



Árbitros: Moreira Bermúdez // Carreira Romero (A Coruña)



Tarxetas: Por 5Coruña amarela a Pablo. Por Burela FS amarela a Alemán e Renato.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.