02/01/2015

O Burela FS dá a benvida a 2015 na pista do líder

O Burela FS dá a benvida a 2015 na pista do líder

O Burela FS Pescados  Rubén dá a benvida a 2015 mañá na pista do líder -actual campión de Liga e Copa de España-, Inter Movistar (Fundación Montemadrid, 18.00 horas), rival co que tamén quixo o destino que se mida na súa estrea da Copa de España de Cidade Real (12-15 de marzo).



Con 37 puntos e sen coñecer aínda a derrota, os interistas capitanean a clasificación, con 12 vitorias e 3 empates; tan só ElPozo Murcia (2-2, xornada 6), Marfil Santa Coloma (3-3, xornada 7) e Levante (2-2, xornada 14) foron capaces de arrebatarlles puntos. “Sabemos que é un rival moi complicado; non perdeu no que vai de tempada e está atravesando un momento excepcional. Con todo nós sairemos, coma sempre, a gañar; a clasificación para a Copa de España deunos moita confianza e esperemos que tamén nos axude cun empurrón para a segunda volta” explicaba o técnico burelista, Juanlu.



A expedición laranxa viaxou hoxe a Alcalá de Henares coa única baixa de Miguel; logo de case dous meses, Jorge Bellvert volve á convocatoria, recuperado xa da súa lesión. A última sesión da semana está prevista para esta tarde, a partir das 19.00 horas.



En Vista Alegre, o electrónico decantouse a favor dos madrileños por un axustado 0-1.



O partido poderase seguir en directo en www.futsala.com.



Convocatoria Inter Movistar: 1. Luis Amado, 4. Lolo, 7. Pola, 8. Rivillos, 10. Ricardinho, 11. Orzáez, 12. Borja, 14. Rafael, 17. Mel, 19. Cardinal, 20. David Pazos, 27. Herrero.



Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Anxo, 30 Hélder

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.