23/10/2014

O Burela FS B viaxa a Lugo na quinta xornada

O Burela FS B viaxa a Lugo na quinta xornada

O Burela FS Pescados Rubén B viaxa a Lugo na quinta xornada de Terceira División para medirse ao CP Casás o sábado, ás 16.00 horas (pavillón municipal de Deportes).



Tan só un punto avantaxa a novena praza dos laranxas (5 puntos) dos da capital de provincia, que veñen de conseguir a súa primeira vitoria de liga na casa do 5Coruña FS (1-2), tras dúas derrotas consecutivas (Pazos de Borbén 6-2 e Pizzería A Fuga Xove FS 0-5); na xornada inaugural conseguiron empatar con Ribeira de Piquín (2-2).




Burela FS B 1-2 Santiago Futsal




A primeira parte condicionou en exceso os pupilos de Lucas no seu último encontro, coa visita do Santiago Futsal B a Vista Alegre (1-2). O Burela FS B saltou á pista con demasiada timidez e iso deulles vantaxe aos composteláns para dominar antes do descanso. No segundo período, os laranxas saíron con máis seguridade, pero cando mellor o estaban facendo o equipo visitante aproveitou para poñerse 0-2, de Julio e Ismael. Alemán puido acurtar distancias; o equipo local dispuxo de boas ocasións nos últimos minutos pero xa era demasiado tarde.



Polos da Mariña xogaron Erik, Aitor, Rafa, Pancho e Alemán no cinco inicial; tamén xogaron Riveiro, Borja, Jorge Pernas e Javi Fajardo. Nas filas compostelás formaron o quinteto de saída Daniel, Julio, Sergio, Iago Otero e Marcos; tamén xogaron Daniel Quintela, Ismael, Ricardo, Simón e Enrique.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.