18/07/2014

Juanma colga a camiseta e asume a Secretaría Técnica do CD Burela FS Pescados Rubén

Juanma, o gran capitán do CD Burela FS Pescados Rubén, comeza unha nova etapa na entidade burelesa tras decidir que a súa carreira deportiva chegou ao final do camiño logo de case 20 anos nas pistas. A traxectoria deportiva do Club Deportiv
Juanma colga a camiseta e asume a Secretaría Técnica do CD Burela FS Pescados Rubén

Secretario Técnico. Juan Manuel Marrube Rodríguez cambia a pista pola secretaría técnica do club e tamén exercerá como segundo adestrador do equipo de Primeira División. O presidente e vicepresidente do Burela Pescados Rubén, Manuel Blanco e José Luis Sáez, apoiaron a Juanma no seu acto de presentación na oficina do club. Manuel Blanco manifestou a súa satisfacción “por ter a fortuna de reforzar a estrutura do club cunha persoa como Juanma que sempre demostrou o seu compromiso coa entidade” mentres que José Luis Sáez destacou “a importante responsabilidade que asume na súa nova faceta, confiamos plenamente na súa xestión”. Ambos dirixentes amosaron a súa satisfacción por “ter a posibilidade de seguir contando cunha persoa como Juanma que é patrimonio do club. A súa experiencia deportiva, ademais da súa formación, permítenos seguir dando pasos positivos como entidade”.



Pola súa banda, Juan Manuel Marrube declarou que “estou moi contento e agradecido pola confianza que de novo depositou en min o Burela Pescados Rubén. Agora realizarei nunha nova función que me ilusiona enormemente xa que me permite seguir vinculado ao deporte, ao fútbol sala e ademais no meu equipo, é un privilexio. Un reto apaixonante que afronto con moita ilusión e convencido que desde a humildade seguiremos crecendo e xerando ilusión á xente. A idea do club é seguir potenciando a base e canalizala adecuadamente cara ao equipo senior, é unha ilusión de todos que o traballo que se está realizando coa base continúe a súa progresión e se vexa reflexado no primeiro equipo. Teño tamén a oportunidade de ver outra perspectiva do fútbol sala e aprenderei moito como asistente de Juanlu”. En referencia á decisión de pechar a súa carreira deportiva comentou que “nunca é unha decisión sinxela pero considero que é o momento idóneo. Seguro que o botarei de menos pero é unha decisión acertada”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.