10/04/2014

O Burela FS Xuvenil pelexa pola primeira praza para as semifinais da Copa

O Burela FS Xuvenil pelexa pola primeira praza para as semifinais da Copa

O Burela FS Pescados Rubén chega esta fin de semana á recta final da fase final da Copa Nacional Xuvenil liderando o Grupo Norte, con 6 puntos. Este domingo pelexará pola primeira praza para as semifinais disputando a cuarta xornada –aprazada- fronte ao segundo de grupo e actual campión de liga, Azkar Lugo (12.00 horas, municipal de Lugo).



Entre trasnportistas e vilalbeses, empatados con 3 puntos, decidirase a segunda praza de grupo na última xornada. No Grupo Sur, Santiago Futsal (12 puntos) xa ten asegurada a primeira praza; na última xornada, pugnarán polo segundo billete Noia e Coruxo, empatados a 6 puntos, en duelo directo.



A axenda laranxa desta fin de semana tamén reunirá os alevíns coa ED Lourenzá en amigable, o sábado, ás 18.15 horas en Vista Alegre. Pola mañá, os prebenxamíns gozarán dun torneo de clausura da Liga Prebenxamín da Mariña de Imdecum, entre Monte Castelo e Vista Alegre. A entrega de medallas terá lugar ás 13.30 horas na bomboneira.



En Autonómica Cadete e Infantil, a base burelista disputará os partidos aprazados polo temporal na xornada 19, na pista da ED Vigo (17.00 e 18.00 horas).



Copa Nacional Xuvenil



Azkar Lugo FS-Burela FS
Domingo 13 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Lugo



Liga Autonómica Cadete



ED Vigo 2015-Burela FS (xornada 19)
Luns 14 de abril, ás 17.00 horas, no pavillón do Berbés de Vigo



Liga Autonómica Infantil



ED Vigo 2015-ED Burela FS (xornada 19)
Luns 14 de abril, ás 18.00 horas, no pavillón do Berbés de Vigo



Amigable



ED Burela FS-ED Lourenzá
Sábado 12 de abril, ás 18.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



Clausura Liga Prebenxamín da Mariña



Horarios adxuntos

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.