24/03/2014

O Burela FS B segue intratable no camiño cara ao cumio

O Burela FS B segue intratable no camiño cara ao cumio

O Burela FS Pescados Rubén B segue intratable no seu camiño cara ao cumio de Terceira División. O sábado, Vista Alegre rendeulle a súa sétima vitoria consecutiva na visita do Ribeira FS por un contundente 7-3. Ás catro dianas de Manu sumouse o acerto goleador de Xoel, Keko e Pancho.



Estes tres puntos outórganlle o cumio provisional ao cadro laranxa, en triplo empate con Leis Pontevedra e A Estrada FS (44 puntos), á espera do que poida acontecer cos partidos aprazados do Pazos de Borbén FS (42 puntos) da xornada 15 e do Santiago Futsal (43 puntos) da xornada 22.



Comezaron os de Iván Cao, ‘Lucas’, demostrando a súa autoridade. Xa no minuto 2 adiantou Manu aos locais, vantaxe transformada en 3-0 no 12. Os fonsagradinos, con escaso perigo ata o momento, conseguiron reducir a un minuto para o descanso, con Kike.



No segundo período, os burelistas non atoparon de novo a portería rival ata o ecuador, co 4-1 de Pancho. Os visitantes optaron polo xogo de cinco para neutralizar o envite laranxa sen éxito. Manu subiu o 5-1 no 32 e pouco despois aumentou ata o 7-1, con dous dobres penaltis, deixando practicamente sentenciado o encontro. Ata a recta final non puideron os de Ribeira atopar fendas nas filas locais; Silbán anotou o 7-2 no 37, de penalti, e Ismael completou o definitivo 7-3 no 39, nunha xogada de cinco para catro.




Ficha técnica



Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Keko, Antón González e Alemán, no cinco inicial; tamén xogaron Hélder, Pancho, Aitor, Xoel e Javi



Ribeira FS: Daniel, Ismael, Lobeiras, Kike e Javier, no cinco inicial; tamén xogaron Silbán, César, Víctor, Javie e Jorge



Goles: 1-0, minuto 2, Manu;2-0, minuto 10, Xoel; 3-0, minuto 12, Keko; 3-1, minuto 19, Kike; 4-1, minuto 30, Pancho; 5-1, minuto 32, Manu; 6-1, minuto 34, Manu; 7-1, minuto 35, Manu; 7-2, minuto 37, Silbán; 7-3, minuto 39, Ismael



Árbitros: Franco Veiga // Villanueva Blanco (Lugo)



 



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.