09/01/2014

Iago Míguez e o Burela Pescados Rubén renovan o seu compromiso

O Burela Pescados Rubén e Iago Míguez Expósito formalizan a súa renovación ata a tempada 2014/2015. Na oficina da entidade burelesa, o presidente do club; Manuel Blanco Fanego, e Xurxo Rodríguez López, xerente de Pinturas Xurxo empresa patr
Iago Míguez  e o Burela Pescados Rubén renovan o seu compromiso
Manuel Blanco resalta a importancia desta renovación xa que “Iago Míguez é patrimonio do Burela Pescados Rubén, un xogador da casa do que nos sentimos moi orgullosos e que esperamos que manteña a súa progresión e consiga demostrar todo o seu potencial”.

O xogador canteirán afirmou sentirse “orgulloso e feliz de prolongar a miña relación co Burela Pescados Rubén que é a miña casa. Desde pequeno gocei do fútbol sala en Vista Alegre e era un soño poder ser xogador profesional. Afortunadamente puiden conseguir esa meta e ademais xogar en Primeira División coas cores do meu equipo, é algo especial. Agradezo a confianza que o club deposita en min e é unha motivación extra seguir de laranxa nesta etapa de consolidación do club na máxima categoría e poder aspirar a obxectivos máis ambiciosos cada tempada”.

Aos 22 anos, Iago Míguez logrou asentarse no conxunto burelés dirixido por Juanlu Alonso do que destaca que “é unha referencia no fútbol sala. Desde a súa chegada axudounos a crecer en moitos aspectos do xogo; tanto a nivel individual como colectivo e estamos convencidos que seguiremos progresando e lograremos os obxectivos marcados. É un pracer estar dirixido por un técnico do seu prestixio, sempre estamos aprendendo e transmítenos a súa paixón polo fútbol sala”.

No aspecto persoal, Iago Míguez séntese “nun momento doce da miña carreira pero son esixente comigo mesmo e sei que aínda debo mellorar e pulir moitos aspectos para dar máis ao equipo”. Coa súa mocidade, calidade e experiencia na élite do fútbol sala, Iago converteuse nunha referencia para a canteira burelesa e, lóxicamente, para a afección laranxa “a quen hai que agradecer sempre o seu apoio xa que converteron Vista Alegre nunha referencia nacional do fútbol sala pola forma de sentir e vivir os partidos”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.