08/11/2013

IES Coruxo, rival dos burelistas de Terceira

IES Coruxo, rival dos burelistas de Terceira

A sétima xornada de Terceira División reunirá este sábado, como antesala do gran duelo de líderes de Primeira RFEF, o Burela FS Pescados Rubén e o Concello de Vigo IES Coruxo no pavillón Vista Alegre, a partir das 16.00 horas.



Dende a décima praza (7 puntos), a escuadra laranxa intentará apoiarse no espírito da bomboneira para sacar algo positivo fronte ao cuarto clasificado (11 puntos). Os rapaces de Iván Cao ‘Lucas’ pelexarán por borrar os altibaixos neste tramo inicial da competición. “Estamos adestrando moi ben; o único que non nos acompaña son os resultados. O traballo que realizamos está sendo bo; tan só precisamos encadear marcadores positivos para gañar en confianza” explicaba o técnico burelista.



“Este sábado medímonos a un rival que continúa coa dinámica positiva da tempada pasada, ben reforzado e que talvez poida dispoñer esta semana da súa última incorporación, o burelao Adrián Álvarez, formado na base do noso club” analizaba Lucas, incidindo tamén no gran nivel co que se está atopando o Burela FS B no seu segundo ano en Terceira. “Este ano non está resultando doado, a calidade da competición subiu moito; os equipos estanse beneficiando de grandes xogadores, que debido á mala situación económica que estamos atravesando deciden non arriscar e quedar na casa” concluía o mariñán. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.