12/10/2013

Importantísima vitoria das laranxas (2-5)

Importantísima vitoria das laranxas (2-5)

As xogadoras laranxas conseguiron hoxe tres importantísimos puntos nunha das pistas máis complicadas de Primeira RFEF e fronte a un dos equipos máis reforzados da tempada, UA Alicante (2-5). Con esta vitoria o Burela FS Pescados Rubén suma 10 puntos e ocupa o cume da clasificación, empatado co Atlético de Madrid Navalcarnero, que venceu ao Soto do Real (2-6).



O cadro mariñán tivo que traballar para adaptarse a unha pista lenta na que estivo máis como o UA Alicante durante os dez primeiros minutos, con oportunas aparicións da galega Patri baixo os paus. Foron precisamente as locais as que fixeron valer o seu dominio para inaugurar o electrónico no minuto 13, nun lanzamento de Sara que rebotou no corpo dunha xogadora burelista, unha acción non illada de polémica que desencadeou na expulsión de Quico Otero. Este gol non fixo dano nas filas laranxas, que aos pouco a pouco foron adquirindo tranquilidade e control de xogo. O merecido empate chegou no 18, de Peque a balón parado, resultado co que se entrou no descanso.



No segundo período xa reinou a cor laranxa, con dominio, control e acerto do Burela FS. Aínda que se resistiu, o 1-2 subiu no 27, outra vez de Peque. Bea Mateos ampliou distancias no 33 e as locais reaccionaron con porteira xogadora, a falta de cinco minutos. Con Ana baixo os paus, Maite atopou oco para subir o 1-4, pero as levantinas volveron ao xogo de cinco e aí atoparon unha fenda na defensa laranxa, para reducir distancias (minuto 36, Mónica). Con todo, o Burela FS non estaba disposto a ceder máis terreo; Lidia logrou sentenciar con 2-5, no 38, aproveitando un contraataque no que volvía á pista a meta local.



Ficha técnica



UA Alicante: Ana, Fátima, Noelia, Paula e Andrea Soriano, quinteto inicial; tamén xogaron Mónica, Sara, Lorena, Andrea Castelló



Burela FS Pescados Rubén: Patri, Bea Mateos, Maite, Peque e Lidia , quinteto inicial; tamén xogaron Claudia e Lara



Goles: 1-0, minuto 13, Sara; 1-1, minuto 18, Peque; 1-2, minuto 27, Peque; 1-3, minuto 33, Bea Mateos; 1-4, minuto 35, Maite; 2-4, minuto 36, Mónica; 2-5, minuto 38, Lidia



Tarxetas: Por UA Alicante, expulsada Fátima no minuto 25, por dobre amarela. Por Burela FS, amarela Bea Mateos no minuto 2; Quico Otero foi expulsado con vermella no 13.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.