23/09/2013

Reunión informativa da ED Burela FS (mércores 25, IES Monte Castelo)

Reunión informativa da ED Burela FS (mércores 25, IES Monte Castelo)

A dirección da ED Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o vindeiro mércores, 25 de setembro, na Aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo, para explicarlles a programación do curso 2013-14. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios: 16.00 horas os prebenxamíns (nados/as en 2006-07), 16.45 os benxamíns (nados/as en 2004-05), 17.30 os alevíns (nados/as en 2002-03) e 18.15 os infantís (nados/as en 2000-01).



Amigables



A base burelista festexou o comezo de curso con resultados excelentes nos seus primeiros amibables. Na pista da ED Meira os infantís golearon por 0-12 e os cadetes tamén lograron unha vitoria contundente (0-4). Os xuvenís, na xornada dominical, culminaron o pleno triunfal da familia laranxa impoñéndose ao Vilalba FS (3-6).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.