Actualidade
Homenaxe da Xunta de Galicia ao Burela FS
A Xunta de Galicia felicitou onte o Burela FS Pescados Rubén polo título conquistado na máxima categoría do fútbol sala feminino en España. O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, exerceu de anfitrión na recepción que a Xunta lle brindou ao equipo da Mariña no Pazo de Raxoi. Xunto ás xogadoras e corpo técnico, estiveron o presidente, José Ramón González Casas; o vicepresidente, Manuel Blanco; o director xeral, José Luis Sáez; os directivos Marcelino Luna e Antonio Ródenas e o director deportivo, Marcelo Santoro. Da expedición burelista tamén formaron parte os fundadores de Pescados Rubén, Rubén Blanco e Cesarina Fanego, patrocinador principal do club. As xogadoras máis novas, Paula e Silvia, non puideron asistir por motivos académicos.
O acto tamén contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares; o xefe do Servizo Provincial de Deportes en Lugo, Manuel Otero; e o alcalde de Burela, José María González Barcia.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas