01/04/2013

Brillante participación do Burela FS no I Trofeo Kelme Ciudad de Segovia

Brillante participación do Burela FS no I Trofeo Kelme Ciudad de Segovia

O Burela FS Pescados Rubén completou esta Semana Santa unha brillante participación no I Trofeo Kelme de Fútbol Sala Cadete Ciudad de Segovia, coándose nas semifinais e rematando en cuarta posición.


Os laranxas conseguiron o billete para a fase final como segundos do Grupo A, despois de impoñerse ao anfitrión, Caja Segovia (4-1), e Ribera Navarra (4-2) e caer por un resultado moi axustado ante CD Grucer (4-3). Nas semifinais, os mariñáns sucumbiron ante o madrileño EP Miguel Guillem Prim (6-1), que finalmente se alzou co título de campión ao derrotar ao Grucer (5-0). Na loita polo terceiro e cuarto posto, o cadro de Christian Fustes e Mario Pillado viviu un emocionante encontro ante o Rivas Atlantis (3-0), tamén da capital española.


Sarria. Na outra gran cita da base burelista durante a Pascua, na Terra Chá, os alevíns regresaron á Mariña co luminoso a favor, no amigable disputado ante o Sarria-Peña Españolista (4-3) como preludio da fase final da Copa Galicia, co título irmandiño para Azkar Lugo FS e Ponte Ourense.



Fase de grupos


CD Grucer FS 4-3 Burela FS


Burela FS 4-1 Caja Segovia


Burela FS 4-2 Ribera Navarra


Semifinais


EP Miguel Guillem Prim 6-1 Burela FS


3º e 4º posto


Rivas Atlantis 3-0 Burela FS


Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.