25/02/2013

Goles e máis goles

Goles e máis goles

As categorías de base viviron unha xornada prolífera de cara á portería, con goles e máis goles. Os cinco compromisos laranxas resolvéronse con 46 tantos a favor e tan só 9 en contra.



O Burela FS Cadete A protagonizou a vitoria máis contundente, 20-0, en derbi mariñán co Cidade de Viveiro. A Liga Nacional tamén foi testemuña da puntería burelista, con 15-0 na visita de La Junquera FS. O terceiro triunfo da ED EON Burela FS foi parar á categoría alevín a domicilio, fronte á EDM Alfoz (1-7).



Resultado máis equilibrado, e sen recompensa na táboa, recolleron o Cadete B e o Benxamín, con 2-4 ante o Lourenzá-Mondoñedo (2-4) e 4-2 con Praia de Covas.




Liga Nacional Xuvenil



Burela FS 15-0 La Junquera FS



 



Deporte Escolar



Burela FS Cadete A 20-0 Cidade de Viveiro Cadete



Burela FS Cadete B 2-4 Lourenzá Mondoñedo Cadete



EDM Alfoz Alevín 1-7 ED EON Burela FS Alevín



AD Praia de Covas Benxamín 4-2 ED EON Burela FS Benxamín

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.