18/01/2013

O Burela FS chega ao ecuador de Primeira en Puertollano, con luz verde para Cesinha

O Burela FS chega ao ecuador de Primeira en Puertollano, con luz verde para Cesinha

O Burela FS Pescados Rubén chega mañá ao ecuador da primeira experiencia na máxima categoría en Puertollano (Antonio Rivillos, 18.30 horas). O equipo mariñano afronta a cita ante un rival directo con novidades no vestuario, con luz verde para unha das súas últimas incorporacións, César Augusto May Xavier, Cesinha; o pívot brasileiro poderá estar a disposición de Juolio Delgado, tras a recepción do tránsfer ruso na tarde de onte.



O obxectivo para as filas mariñás pasa por arrincar a súa primeira vitoria ante un vello coñecido, co que o Burela FS xa competiu en Prata e co que disputou o ascenso a Primeira en 2010-11, a favor dos de Puertollano.



“Este partido volverá ser unha final; é un rival directo. Ambos sabemos o que nos xogamos, por iso sairemos a cara de can nos dous campos. Non importará o xogo, o importante é facerse co resultado” apuntou Nacho Pedraza (Madrid, 1984), coñecedor da filosofía puertollanense desde dentro e que regresa ás pistas para defender a camiseta laranxa logo de varias semanas afastado, por molestias de abductores. “É un equipo que atravesa desde hai tempo problemas económicos; iso propiciou a saída de varios xogadores. Aínda que non sexa un cadro no que destaque a calidade individual, é un bloque moi disciplinado táctica e estratexicamente; levan 7 puntos e iso xa di algo”, así falou o ala do equipo no que militou a tempada pasada, confiando en que o luminoso caia do lado galego sendo agresivos: “Debemos imprimir intensidade; a priori podemos chegar fisicamente mellor ca eles e debémolo explotar”.



Con todo, non todas son noticias boas nas rotacións. A escuadra mariñá terá que suplir con garra as ausencias de Christian e Mimi, amoestados ante o Caja cun partido de sanción, por interromper un lance de xogo con ocasión manifesta de gol e por dirixir expresións de desconsideración cara ao árbitro ao final de encontro, respectivamente. Á espera da documentación de Silva, tamén forma parte da expedición o xuvenil Fabio.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.