12/11/2012

O Burela FSB non pasa do empate (4-4) en Marín

O Burela FSB non pasa do empate (4-4) en Marín

Os mariñanos empezaron floxos e encaixaron tres goles nos primeiros 11 minutos, dous deles en propia porta, o que condicionou o transcurso do choque ante o pechacancelas Grupo7a Cafyd. Os de Iván Cao ‘Lucas’ comezaron a xerar ocasións claras de gol a partir do terceiro gol local, pero non lograban materializar ata que Souka transformou dous tantos que achegaban aos laranxas no marcador (3-2) nos minutos 13 e 16.



Tralo reinicio, os locais recuaron e pecháronse atrás para saír ao contragolpe, cun Burela FSB Pescados Rubén espeso na circulación de balón. No minuto 33, Bruno de Nois transforma o 3-3 nunha bonita diagonal. Malia o dominio burelao, o Cafyd volveu a pórse por diante pouco despois, logo de varios rebotes na área. Volvería a ser Souka o que poría a igualada definitiva no electrónico. O Burela FSB seguiu dominando a circulación de balón sen acerto, e calquera dos dous equipos puido gañar os tres puntos nun tramo final con ocasións repartidas.



 



Ficha do Partido



Grupo7a CAFYD: Ángel, Rebo, Diego, Fabian e Marquitos. Tamén xogaron Rubén, Asier, Iván, Manu, Kinso e Víctor.
CD Burela FSB Pescados Rubén: Erik, Bruno de Nois, Xoia, Aron e Antón. Tamén xogaron Souka, Keko e Pichi.
Goles: 1-0 (minuto 3), Bruno de Nois en propia porta; 2-0 (minuto 9), Marquitos; 3-0 (minuto 11), Xoia en propia porta; 3-1 (minuto 13) Souka; 3-2 (minuto 16) Souka; 3-3 (minuto 33) Bruno de Nois; 4-3 (minuto 33) Rebo; 4-4 (minuto 36) Souka.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.