22/10/2012

Tres de tres para os xuvenís laranxas

Tres de tres para os xuvenís laranxas

O Burela FS Pescados Rubén segue imparable na Liga Nacional Xuvenil. O sábado conseguiu a súa terceira vitoria, tres de tres, na pista do ADFS Bueu por un categórico 2-5.



A primeira parte foi para os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’, que recibiron o descanso cunha vantaxe clara de 0-3. Á volta, os locais reduciron distancias ata 2-3, pero reapareceu a visión goleadora dos laranxas para tomar de novo distancias, co 2-4. O definitivo 2-5 chegou co xogo de cinco dos de Bueu.



Saltaron á pista no cinco inicial, os laranxas Erik, Helder, Fabio, Carlos e Ángel; tamén xogaron Miguel, Aitor, Rubén e Bruno. Polos locais entraron Daniel, Pedro, Raúl, Martín e Miguel Ángel (cinco inicial), ademais de Toño, David, Ángel e Mauro. Fabio, por partida dobre, Hélder, Carlos e Ángel foron os goleadores da vitoria laranxa; polos pontevedreses, Miguel Ángel rubricou os dous tantos.



Na estrea de Autonómica, os cadetes tamén se fixeron cun valioso punto na pista do Club del Mar San Amaro, con empate 2-2.




Liga Nacional Xuvenil



ADFS BUEU 2-5 BURELA FS



Liga Autonómica Cadete



CLUB DEL MAR 2-2 BURELA FS



Amigables



BURELA FS CADETE B 2-11 BURELA FS XUVENIL



AD SANTIAGO DE FOZ ALEVÍN 4-3 ED EON BURELA FS ALEVÍN



AD SANTIAGO DE FOZ BENXAMÍN 5-1 ED EON BURELA FS BENXAMÍN

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.