27/09/2012

5 Coruña FS, para o debut do Burela FS ante a afección laranxa

5 Coruña FS, para o debut do Burela FS ante a afección laranxa

Por fin, o Burela FS Pescados Rubén B poderá estrearse ante a súa afección, este sábado, ás 16.00 horas. O pavillón Vista Alegre acollerá o debut do novo proxecto laranxa, na Terceira División, ante o tamén emerxente 5 Coruña FS, “un dos candidatos ao ascenso”, na opinión do técnico local, Iván Cao ‘Lucas’.

 Os burelistas chegan moi ilusionados a esta primeira cita coa súa bancada, coa confianza do extraordinario inicio ligueiro, tras as vitorias no Carballiño (3-5) e Melide (5-9), aínda que tamén plenamente conscientes da entidade do rival e con algunha que outra ausencia que poderá condicionar as rotacións mariñás.

“Será un partido complicado”, asegurou Lucas, que ve o cadro herculino con calidade para pelexar por Segunda: “O 5 Coruña FS ten un bloque forte, con xogadores procedentes da categoría superior. Tivo un comezo difícil, con outros dous serios candidatos, Ribeira de Piquín (9-4) e O Esteo FS (1-2), e os resultados non o acompañaron. Por iso virá con máis ganas aínda de vencer”, explicou o técnico.

“Nós intentaremos suplir as ausencias con traballo, concentración e esforzo, con algunhas incorporacións xuvenís” concluíu o preparador laranxa, que non poderá dispoñer de Carlitos, por unha lesión de xeonllo, nin de Xoia, por motivos persoais, e terá como seria dúbida a Fabio, tamén con molestias.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.