Actualidade
O Burela FS Pescados Rubén B viaxa a Melide
O equipo laranxa que compite en Terceira volve a desprazarse na segunda xornada para xogar ante o Melide (municipal de Melide. Sábado 19 horas). O adestrador Iván Cao, que só baralla a dúbida de Carlitos por unha contractura no abdutor, ve aos xogadores “animados ante este novo reto e con ganas de conseguir un bo resultado despois do bo comezo do fin de semana pasado”.
O Eypar Melide é un equipo con certa veteranía, que cumpre o seu segundo ano na categoría, fronte a un Burela FS Pescados Rubén B con xogadores que están na súa maioría entre os 17 e os 19 anos. Cao pensa que este pode ser “un factor que nos condicionará durante todo o campionato, sobre todo durante este primeiro ano de debut. Pero intentaremos potenciar as nosas habilidades para aproveitar os puntos fortes do equipo”.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas