19/09/2012

O club participa na Semana da Mobilidade burelá

O club participa na Semana da Mobilidade burelá

As xogadoras do primeiro equipo Peque e Lara, e os xogadores André e Fabio participaron o pasado domingo na Semana da Mobilidade organizada polo Concello de Burela. A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, sinalou que “a actividade de dispara a gol con xogadores do Burela FS, que en edicións anteriores se facía pola semana, decidimos trasladala ao domingo porque é unha actividade que gusta moito e así puideron achegarse máis nenos e nenas ao ser unha xornada na que non teñen colexio”.


O slogan da Semana Europea da Mobilidade é ‘Participa nos plans de mobilidade da túa cidade: móvete na boa dirección’. Patricia López Eijo dixo que “con este slogan preténdese facer reflexionar sobre o papel que os plans de mobilidade urbana sostible poden xogar no noso pobo. Ditos plans (Pmus) definen un conxunto de medidas relacionadas que levan, paso a paso, a satisfacer as necesidades de mobilidade dos cidadáns e empresas, ao mesmo tempo que melloran a calidade de vida do pobo”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.