27/08/2012

O Burela FS álzase co I Trofeo Cidade das Burgas

O Burela FS álzase co I Trofeo Cidade das Burgas

O Burela FS Pescados Rubén alzouse co I Trofeo Cidade das Burgas o venres pasado nun duelo galego que volverá acoller a liga de Primeira División. As rapazas de Javier Pardeiro impuxéronse con solvencia (0-4) nun encontro que serviu de carga de traballo para ambas as escuadras e para darlles minutos ás promesas.


Ourensás e laranxas optaron por un posicionamento en media pista e deixáronlle xogar o rival, aínda que con certas reticicencias de mostrar os seus ases de cara á competición ligueira. Tras as primeiras tentativas, o Burela FS materializou o seu dominio co primeiro tanto de Maite (minuto 18).


No reinicio, a finalización laranxa estivo máis acertada, continuando a tónica de control burelista. Chegando ao ecuador da segunda parte, Peque e Dany adiantáronse ata o 0-3 en tan só un minuto. Na recta final, Lidia Mesías resolveu co 0-4.



Ficha técnica


Cidade das Burgas: Antía, Iria, Nerea, Raquel e María Arias, no cinco inicial; tamén xogaron Peke, Sonia, Figo, Helena, Nati, María Romero e Zaida


Burela FS Pescados Rubén: Patri, Dolo, Paula, Maite e Peque, no cinco inicial; tamén xogaron Lucía Nespereira, Dany, Lidia Mesías, Lara, Silvia e Jozi


Goles: 0-1, minuto 18, Maite; 0-2, minuto 28, Peque; 0-3, minuto 29, Dany; 0-4, minuto 39, Lidia Mesías

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.