24/08/2012

O Burela FS de Pardeiro estrea a axenda de amigables en Ourense

O Burela FS de Pardeiro estrea a axenda de amigables en Ourense

O Burela FS Pescados Rubén, de Javier Pardeiro, estreará a axenda de amigables de Primeira esta tarde en Ourense. O pavillón dos Remedios, acollerá o I Torneo Cidade das Burgas, a partir das 20.15 horas.


“Aproveitaremos esta cita para seguir acumulando carga de traballo e poñer en práctica movementos de ataque” explicou o adestrador laranxa, que loou o traballo do Cidade das Burgas: “É un conxunto aguerrido e forte, que mantén o bloque do ano pasado. É unha entidade que traballa moi ben coa canteira e que saca xogadoras que conseguen posicionarse como referentes galegos” analizou Pardeiro.


“Teremos precaución para non cargar en minutos as xogadoras”, dixo o técnico mariñán aludindo á escaseza de efectivos para esta cita inaugural, con respecto ao rival e anfitrión. Pardeiro non disporá de Haydee, que leva uns días en repouso por complicacións no tendón rotuliano e Maite arrastra certa sobrecarga. Como contrapunto e despois de sete meses, a ala-peche Lucía Nespereira volverá a un encontro de Primeira tras unha dura lesión de xeonllo, que xa queda no pasado.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.