O monitor laranxa Daniel Ladra adestrará na Primeira británica
O técnico da ED EON Burela FS Daniel Ladra, de 23 anos, asinou xa o seu contrato co London United Futsal e será adestrador do primeiro equipo, que competirá a vindeira tempada na Primeira División británica.
Ladra sopesou nos últimos días a oferta do equipo británico e finalmente aceptou o reto. O mozo, natural de Celeiro, explica que mantivo “contacto diario co presidente do club, James Rosa, por vía telefónica e Internet. Decidín aceptar e viaxarei o 4 de agosto para comezar a tempada”, apunta.
O mariñán, que tamén estivo ligado á estrutura do Xove FS dende a súa creación, amósase exultante e con ganas de comezar o desafío. “Tárdame moito comezar a traballar e teño moitas anas de vivir esta experiencia. Póñome como base a humildade e o traballo e penso que a partir destas dúas premisas pode saír ben”, recalca Ladra, que intensifica estes días os seus coñecementos de inglés.
O técnico podería levar consigo “a dous ou tres xogadores da Mariña” para acompañalo na súa aventura e configurar un equipo aspirante ás primeiras prazas. […]
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas