12/05/2012

Vista Alegre celebra outro Play Off

Vista Alegre celebra outro Play Off

O Burela FS Pescados Rubén consegue a clasificación para disputar o Play Off de Ascenso a Primeira División. O conxunto burelense cumpriu coa súa parte do guión ao vencer por 3-2 ao Fuconsa Jaén e a combinación de resultados desta última xornada propiciou que a bancada de Vista Alegre se convertera nunha festa.


A escuadra dirixida por Julio Delgado realizou un partido moi serio e sempre levou o control do xogo ante un Fuconsa pouco incisivo. Ique logrou abrir o cerco xienense, minuto 12, cun zurdazo desde a frontal e, acto seguido, Juanma levou a tranquilidade ao seu equipo culminando unha excelente combinación. Con 2-0 no marcador chegouse ao final do primeiro período.


Na continuación, o Burela levou un susto cando Bobas acurtou distancias, minuto 22. Tras uns minutos de intensa disputa, apareceu Cleber para marcar o 3-1 e aumentar os decibelios do Vista Alegre. O Fuconsa intentouno no tramo final con porteiro xogador e aínda que reduciu diferenzas no último minuto, non logrou augar a festa laranxa.



Play Off. O CD Burela FS Pescados verase as caras na primeira eliminatoria co Manzanares FS. O duelo inicial disputarase en Vista Alegre.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.