26/02/2012

Merecida vitoria do Burela FS Pescados Rubén ante o potente Cajasur Córdoba

Merecida vitoria do Burela FS Pescados Rubén ante o potente Cajasur Córdoba

Vitoria do Burela FS Pescados Rubén por 2-0 ante o potente Cajasur Córdoba que se descolga pola loita do título de Liga da Primeira División. O conxunto burelense fíxose acredor por ambición e méritos dun triunfo que non chegou ata a recta final do encontro.


O primeiro tempo estivo marcado pola alta intensidade de xogo marcada por ambos os conxuntos, que gozaron de varias oportunidades, as máis claras para o Burela, para abrir o marcador. A partir do minuto oito de xogo, as cordobesas decidiron defender en media pista ante a imposibilidade de manter o ritmo laranxa e buscar o contragolpe por mediación de Dany, a súa xogadora máis incisiva. A escuadra de Javier Pardeiro comezou a dominar con máis claridade e puido desequilibrar o marcador aínda que se chegou sen goles ao descanso.


Na segunda parte, mantivéronse os roles de ambos os equipos pero as chegadas burelenses cada vez eran máis frecuentes. Pola contra, os contragolpes andaluces eran máis esporádicos. O tanto fíxose esperar, debido ao acerto de Catiele baixo paus, ata que Maite aproveitou un rexeitamento de Catiele a disparo de Peque para establecer o 1-0, minuto 35. Acto seguido, David Díaz optou polo xogo de cinco que foi defendido á perfección polas burelenses e sobre a bucina Lidia conseguiu o 2-0 definitivo tras unha grande acción persoal de Peque.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.