30/01/2012

Quique García non continuará á fronte do Burela FS

Quique García non continuará á fronte do Burela FS

O técnico Quique García non continuará á fronte do CD Burela FS Pescados Rubén. A xunta directiva da entidade laranxa comunicoulle ao adestrador onte, tras o empate en Antequera (2-2), o seu cesamento.


“Vémonos obrigados a tomar a decisión co fin de tentar reorientar o camiño do equipo e endereitar os resultados. O traballo, a seriedade, a honestidade e a xustiza son algúns dos valores de fan de Quique García un grande adestrador e mellor persoa, aínda que o deporte non é sempre xusto e durante esta etapa en Burela a mala fortuna quixo que os resultados non acompañaran nas últimas xornadas” explicou a xunta directiva do club mariñán.


Enrique Javier García Martínez (Jaén, 1969) chegou á Mariña a comezos de tempada para dirixir a nave laranxa e deixar papeis tan brillantes como o 10-1 ante o Playas de Castellón ou o 10-3 fronte ao Manzanares e citas tan intensas como a Copa do Rei ante o Autos Lobelle FS (5-6). Tras unha excepcional traxectoria como xogador de elite, no Zeluan Jaén FS, Caja Segovia ou Playas de Castellón, e con numerosas convocatorias como internacional, Quique García asumiu a dirección do Extinman Andújar FS en 2003-04 para levalo á División de Prata nese mesmo exercicio; despois de máis de dúas tempadas no Fuconsa Jaén, o andaluz pechou 2010-11 no Algarinejo FS, de Primeira Nacional A. O ata agora técnico laranxa tamén posúe experiencia como seleccionador autonómico, cos combinados andaluces sub-21 e sub-18.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.