19/10/2011

A Pataca Naranxa en Granada

A Pataca Naranxa en Granada

Ata o 25 de outubro os/as afeccionados/as burelistas poderán reservar praza para animar o equipo laranxa de Segunda División en Granada, ante o Oxipharma FS, o 5 de novembro, no encontro da oitava xornada.


A expedición laranxa partirá o venres 4 de novembro, ás 13.00 horas, nun desprazamento organizado pola peña A Pataca Naranxa, dende a cafetería Vista Alegre. A saída da cidade andaluza está prevista para as 9.00 horas do domingo 6.


Todas as persoas interesadas poderán formalizar a súa reserva co ingreso de 60 euros no número de conta (Nova Caixa Galicia Banco) 2091-0109-89-3040023173, indicando nome e apelidos. O devandito desembolso incluirá o desprazamento en autobús, aloxamento de dúas noites, almorzo do sábado e domingo, xantar do sábado e entrada para o partido.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.