14/10/2011

Inxección de moral para recibir o UA Ceutí, na segunda praza

Inxección de moral para recibir o UA Ceutí, na segunda praza

O Burela FS-Pescados Rubén recibe cunha inxección de moral, tras o triunfo en Gáldar (2-5), un prato forte, o UA Ceutí, que recala na bomboneira con 9 puntos e como segundo clasificado (sábado 15, 18.30 horas).


O equipo ceutí empezou ben e moi forte a tempada, en catro partidos conseguiu tres vitorias consecutivas, dúas como local e unha como visitante, 11 goles a favor e 12 en contra nos seus dous partidos a domicilio. “O equipo de Chito caracterízase por realizar unha forte defensa en media pista e un xogo rápido e vertical en ataque” explicou Quique García.


Para os laranxas o partido preséntase como un encontro moi importante; os puntos da casa son decisivos e fan manter a regularidade necesaria durante toda a tempada. “A primeira vitoria deunos confianza e seguridade, o equipo xogou en Gáldar o mellor partido no que levamos de liga, fomos moi competitivos nunha das canchas máis complicadas da categoría. Se queremos conseguir outra vitoria e certificar o noso bo momento de forma, temos que ser ambiciosos e aumentar o noso nivel de esixencia” dixo o técnico burelista.


Lotería de Nadal. O número da sorte do Burela FS Pescados Rubén para o Nadal xa está dispoñible: 50.300. Todas as persoas interesadas poden adquirir as súas papeletas no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos encontros laranxas, na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ou nos seguintes establecementos: Cafetería Vista Alegre, A Parrillada de Jandro, Hotel Nordés, Palacio de Cristal, O Poeta e Cervexería O Trisquel, en Burela, ademais de Rincón de Anita, en Foz.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.