14/09/2011

A clínica Virxe da Mariña cumpre o seu sexto ano de colaboración co Pescados Rubén

A clínica Virxe da Mariña cumpre o seu sexto ano de colaboración co Pescados Rubén

O centro médico-cirúrxico Virxe da Mariña renovou o apoio ao deporte mariñán e ao CD Burela FS-Pescados Rubén en 2011-12, na que se sumará a sexta tempada de colaboración entre as entidades. A xerente da clínica, Mª. Esther García Insua, reuniuse co directivo do club laranxa Marcelino Luna Almarza no consultorio burelao para rubricar o acordo de axuda asistencial, centrada na observación dos equipos sénior ao longo da tempada, así como en revisións periódicas.


A Virxe da Mariña, localizada na avenida Arcadio Pardiñas, número 145, conta con atención nas especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía, radioloxía e alergoloxía. O centro completa os seus servizos cun gabinete psicotécnico (condución, permiso de armas e licenza de animais potencialmente perigosos); tratamentos dermoestéticos e con láser (vascular e depilación), entre os que destacan as técnicas de botox ou peeling para o antienvellecemento cutáneo; e educación alimentaria para tratar patoloxías como a obesidade, hipercolesterolemia ou hipertrigliceridemia.


Entre os servizos máis novidosos destaca o Igualatorio Médico, iniciativa que ofrece unha asistencia integral con facultativos altamente cualificados á disposición dos interesados en asociarse á Virxe da Mariña. Os adheridos ao Igualatorio dispoñen dun bo servizo sanitario a prezos moi económicos, coa posibilidade de abonar en cómodas cotas (dende só 20 € ao mes).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.