01/09/2011

Goleada (9-1) do equipo feminino ante o Fervenza

Goleada (9-1) do equipo feminino ante o Fervenza

Comezou con goleada a Copa Galicia para o Burela FS Feminino Pescados Rubén diante do Fervenza (9-1). Logo dun partido brillante, con momentos de gran xogo, o equipo laranxa venceu ás visitantes con goles de Lucía, Lídia (2), Paula (2), Peque, Haydée (2) e Dolo.


Xogaron as de Pardeiro este primeiro partido do grupo A con todo, excepto Rosana, que causou baixa por unha lesión leve, e saíron a sentenciar desde un principio, cun xogo de vertixe e oportunidades constantes.


Ao descanso chegouse xa co resultado de 5-1 e, aínda que voluntarioso, en ningún momento se viu ao Fervenza con posibilidades de plantarlle cara ao conxunto mariñao.


Ficha do partido
 
Burela FSF Pescados Rubén: Jozi, Lucía, Dolo, Peque, Claudia – cinco inicial- Lidia, Haydée, Maite, Silvia, Paula e Irene.


A Fervenza: Nerea, Judit, Alejandra, Vieira, Pilar – cinco inicial – Beatriz, Laura, Irene, Sara, Natalia e Alba.


Goles: 1-0, m.4, Lucía; 2-0, m.4, Lidia; 3-0, m.5, Lidia; 3-1, m.6, Vieira; 4-1, 12, Peque; 5-1, m.12, Haydée; 6-1, m.27, Haydée (pen.); 7-1, m.29, Dolo; 8-1, m.31, Paula; 9-1, m.38, Paula.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.