18/08/2011

Cidade de Viveiro, preliminares do Memorial Celso Currás

Cidade de Viveiro, preliminares do Memorial Celso Currás

O Burela FS disputou onte o primeiro amigable de pretempada na pista do Cidade de Viveiro FS, como preliminares para a súa cita estival de referencia, o Memorial Celso Currás de Trabada. Os laranxas impuxéronse por 0-6 con goles de Víctor Cachón, Iago Míguez, André, Juanma e dobrete de Dani Martín.


O equipo de Quique García enfrontarase ao Azkar Lugo FS, da Primeira División, o sábado (18.30 horas), na sétima edición do memorial. A cita trabadense, que reunirá o Autos Lobelle de Santiago FS, de Primeira, e o campión da liga rusa 2011, Dinamo de Moscova, na outra semifinal (20.30 horas), foi presentada esta mesma mañá e contou coa presenza do xefe do Servizo de Deportes de Lugo, José Manuel Rozas; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; o alcalde de Trabada, José Manuel Yanes Ginzo; e o director deportivo do CD Burela FS, Marcelo Santoro, entre outros. 


O municipal de Trabada acollerá a final o domingo, a partir das 20.00, precedida do partido de presentación do equipo anfitrión, Concello de Trabada FS, da Terceira División, ante o CD Superti A Pontenova, da Segunda B.


Prezos. A entrada diaria para o Memorial será de 5 euros, aínda que por tan só 1 euro máis se poderá adquirir o abono para os dous días. Os menores de 12 anos accederán á cita de forma totalmente gratuíta.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.