O Rioja gaña o pase á final da Copa de España eliminando ao favorito Ponte Ourense (0-1)
As semifinais da Copa de España Burela 2011 comezaron con sorpresa. O equipo revelación, o Rioja Diamante, que xa eliminou en cuartos o Atlético de Madrid Navalcarnero, tocou na campá da fortuna vencendo ao favorito ao título, Ponte Ourense SAD por un axustado 0-1.
O Rioja Diamante contivo a forza e as chegadas perigosas do campión de liga cunha defensa moi traballada e aparicións moi acertadas da gardameta logroñesa. E chegou a recompensa, a falta de pouco máis de tres minutos para o descanso, co gol de Bea Martín, nunha contra conducida por Peque.
No segundo período, a coraxe ofensiva comezou equilibrada, pero o furacán pontino foi in crescendo. No minuto 24, Laura tivo unha boa ocasión de igualar a contenda nun lanzamento que lle foi moi alto. Pouco despois Peque salvou as rioxanas sacando in extremis o balón nunha chegada de Marta que superou as liñas da porteira logroñesa.
O asedio ourensán non atopou nin a máis mínima fenda da defensa rioxana, que pelexou por ampliar as distancias en contados contraataques. A falta de cinco minutos para o asubío final, intentárono as galegas con xogo de cinco, abandeiradas por Laura, pero o esférico conseguía bater no vermello rioxano para saír da pista.
Acometida tras acometida o campión da liga de Honra desesperouse en tentativas; a falta de 13 de segundos Ana tivo a última ocasión clara sen éxito, e concluíu a cita, por primeira vez en toda a temporada, co marcador a 0.
Ficha técnica
Ponte Ourense SAD: Eva, Marta, Ampy, Bea e Laura, no cinco inicial ; tamén xogaron Sarita, Souza, Ana
Rioja Diamante: Marta, Bea Martín, Barbi, Peque e Drica, no cinco inicial; tamén xogaron Garu, Maite, Bea
Goles: 0-1, minuto 16, Bea Martín.
Tarxetas amarelas: Sara, minuto 9
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas