03/05/2011

FEVE formaliza o apoio ao CD Burela FS a través dun convenio de colaboración

FEVE formaliza o apoio ao CD Burela FS a través dun convenio de colaboración

FEVE vén de formalizar o seu apoio ao CD Burela FS nun convenio de colaboración subscrito entre o presidente da empresa ferroviaria, Ángel Villalba, e o presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas. A sinatura do acordo, que tivo lugar onte no consistorio burelao, estivo apadriñada polo alcalde, Alfredo Llano, que xa exerceu de anfitrión nos primeiros contactos entre a compañía e o club mariñán hai algúns meses.


Ángel Villalba amosouse satisfeito por estreitar lazos co proxecto desenvolvido dende o CD Burela FS, “nunha aposta polo deporte en igualdade cun especial coidado na formación e cunha notoria participación na sociedade”.


José Ramón González fixo referencia á gran nova que supón para a entidade que “unha compañía da transcendencia de FEVE preste a súa colaboración ao plan de traballo burelista”. “A implicación de Ferrocarriles de Vía Estreita co proxecto laranxa súmase á doutras entidades de gran calado, como EON España, patrocinadora da escola deportiva, no fortalecemento da nosa estrutura” engadiu o presidente burelao.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.