Actualidade
O Burela FS medra ante o Gáldar (3-4)
O Burela FS logrou unha importante vitoria na pista do Colegios Arenas Gáldar (3-4) na penúltima xornada de Prata, que lle permite asentarse na sexta praza e aspirar a algunha posición mellor cara aos play offs.
O encontro comezou con dous equipos que saíron con intensidade e conscientes do que había en xogo, co billete para a fase de ascenso xa nas súas mans pero con incerteza nas prazas finais.
Os mariñáns adiantáronse no marcador cun tanto de Ique (minuto 11), aínda que pouco despois Aitor (15) estableceu a igualada. Cando todo apuntaba a que se chegaría ao descanso con empate, de novo Ique apareceu para avantaxar os laranxas (19).
O Burela FS saíu moi ben na segunda parte, con moita intensidade e con control do xogo. Así, os mariñáns crearon ocasións de gol e axiña tiveron o premio merecido. O 1-3 chegou das zapatillas de Esteller, no minuto 26. Os canarios reaccionaron con Minhoca con porteiro-xogador, pero os laranxas volveron avantaxar nunha nova tentativa de Ique (31), que bateu no local Aitor. Nos últimos minutos, o Gáldar puido recortar distancias ata o 3-4, sen opción ao empate.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas