23/03/2011

O Burela FS, o equipo menos batido de Honra e Prata como local

O Burela FS, o equipo menos batido de Honra e Prata como local

Marcar goles na portería local do pavillón Vista Alegre resulta máis complicado que en calquera outra pista das máximas categorías nacionais. E non porque as dimensións do marco sexan máis escasas; son as que marca a lei. O que ocorre é que, a día de hoxe, o Burela FS defende mellor que ninguén nas divisións de Honra e Prata cando actúa alentado polos seus afeccionados. Dos 35 equipos que compiten nas principais categorías, o burelao é o menos batido como local.


Tras o empate sen goles ante o líder Puertollano, o conxunto mariñán media pouco máis dun tanto en contra por partido na súa cancha, 19 en 14 encontros, e supera na marca a un Barcelona que recibiu só un gol máis pero en menos encontros (12) na máxima categoría. “Isto di moito en favor do equipo e ten bastante mérito”, destaca Suso Rey, o técnico burelista.


A cifra de goles encaixados dispárase nos partidos a domicilio, circunstancia que o técnico atribúe máis ao rival que ao seu equipo. “A intensidade e o xeito de defender é a mesma fóra ca na casa, presionamos arriba sempre. O que ocorre é que os contrarios veñen a Burela con moitas reservas e na súa cancha son máis ambiciosos”, indica.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.