19/02/2011

As laranxas retoman o obxectivo da imbatibilidade ante o Natudelia (3-5)

As laranxas retoman o obxectivo da imbatibilidade ante o Natudelia (3-5)

Concentración e serenidade devolvéronlle ao Burela FSF Pescados Rubén un xogo eficaz, con control de balón e ritmo, ante o Natudelia.com Zaragoza (3-5). Os tres puntos permítenlles ás mariñás tomar distancia co Valladolid FSF, que perdeu na casa do Soto del Real (2-1), ademais de retomar a liña de imbatibilidade.


As pupilas de Javier Pardeiro concretaron unha primeira parte que rozou a perfección; souberon medir o seu dominio, a pesar da desafortunada finalización dos primeiros minutos, e conseguiron evitar o contragolpe como a grande arma das locais, sen apenas perigo para Jozi. No minuto 14, Vanessa abriu o marcador, cun zurdazo que bateu nunha rival e descolocou a porteira, e, sen deixar tempo de reacción, Lucía volveu perforar a meta maña pola escuadra.


O 0-2 do primeiro período axiña se multiplicou co reinicio. No primeiro minuto Lidia apareceu por partida dobre, nun contraataque para materializar nun lanzamento raso e, segundos máis tarde, subiu o 0-4 con autoridade, tras un roubo de balón. Claudia ampliou a vantaxe no seguinte minuto. Con esta clara distancia, a relaxación aflorou levemente nas filas laranxas e foi cando as zaragozanas aproveitaron para anotar o seu primeiro tanto (minuto 24). O 2-5 chegou nun contragolpe (26), porén o cadro de  Pardeiro plantouse e volveu asumir o dominio; aínda que o Natudelia puido marcar o 3-5 (34), as laranxas reconduciron a situación para presionar e asegurar o electrónico.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.