2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
16/01/2011
Os de Suso Rey gañan o Melilla (0-3) e empatan na quinta posición

Nun partido dominado polos burelaos, o equipo local mantivo a emoción ata o final, cando Esteller e Edu remataron definitivamente coa resistencia do Melilla con dous goles no último minuto. Ata daquela, o pechacancelas mantivo o tipo esperando aos laranxas en campo propio e vivindo de contras esporádicas que resolveu Edu.

Víctor Cachón anotou o 0-1 no minuto 17 e non foi ata os últimos instantes cando Esteller primeiro e Edu despois puxeron o definitivo 0-3 no electrónico, cun Melilla xogando xa á desesperada con porteiro xogador.

Con este resultado, o equipo burelao empata na quinta praza co ElPozo Ciudad de Murcia.

Publicidade
X Pechar