09/09/2010

Condena para os burelaos na segunda parte ante o Azkar (3-1)

Condena para os burelaos na segunda parte ante o Azkar (3-1)

O Burela FS obtivo onte unha condena de 3-1 ante o Azkar Lugo, no amigable da presentación do conxunto transportista 2010-11. Os laranxas non puideron aproveitar a vantaxe de 1-0 da brillante primeira parte; co paso dos minutos, o cansazo e a escasa amplitude de vestiario fixéronse palpables para os da Mariña, co erro incluído en dous dobrepenaltis, e os lugueses non perdoaron.


Nun encontro que comezou moi igualado, os pupilos de Suso Rey saíron á pista para demostrar coraxe e garra. Víctor Cachón puxo por diante os laranxas dunha gran vaselina, a un minuto do descanso.


Coa ausencia de Minu, por prevención, e a retirada de Paleta por molestias, na segunda parte, os pensamentos do Burela trasladáronse aos compromisos ligueiros e o potencial transportista aproveitou as circunstancias. Tras o empate de Matamoros, aos poucos segundos do reinicio, os locais tomaron vantaxe nunha acción de estratexia que finalizou Mimi. A sentenza do amigable protagonizouna Matamoros, de novo, no 34.



Ficha técnica


Azkar Lugo: Óscar, Mimi, Miguel, Matamoros e Guerra, no quinteto inicial; tamén xogaron Renatinho, Genaro, Hugo, Antonio, Iago Míguez, Illi e Mendiola.


Burela FS: Edu, Purao, Juanma, Adri Gaona e Víctor Cachón, no quinteto inicial; tamén xogaron André, Esteller, Christian, Manu, Paleta e Brais.


Goles: 0-1, minuto 19, Víctor Cachón; 1-1, minuto 21, Matamoros; 2-1, minuto 24, Mimi; 3-1, minuto 34, Matamoros.


Tarxetas amarelas: Mimi, polo Azkar, e Adri Gaona, Víctor Cachón e Esteller polo Burela FS.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.