Matrícula de honra para o Burela FSF Pescados Rubén na súa estrea na elite nacional
O Burela FSF Pescados Rubén pechou en Valladolid a súa brillante e histórica estrea na División de Honra, competición que finalizou en sexta posición e sendo unha das sensacións do campionato. Ademais da excelente praza conquistada na Liga, o equipo dirixido por Javier Pardeiro logrou clasificarse para a Copa de España disputada en Ourense, onde ofreceu unha grande imaxe, a pesar de caer ante o Femesala Elxe.
Pola súa traxectoria, dedicación, esforzo e ilusión durante a tempada 2009/10, a directiva do CD Burela FS felicita o equipo feminino, que tamén conseguiu ilusionar os afeccionados laranxas durante toda a campaña. Neste senso, o club conta cunha peña máis como é Soles Laranxas que amosa polo equipo feminino unha ilusion especial que referendaron durante a disputa da Copa de España. Este recoñecemento do club faise extensible a toda a afección laranxa que durante a tempada apoiou o Burela FSF Pescados Rubén na súa primeira aventura na elite nacional do fútbol sala feminino.
O CD Burela FS quere amosar tamén a súa máis sincera gratitude a todas as institucións e colaboradores que acompañaron a entidade laranxa nesta tempada histórica.
Grazas a todos os que facedes realidade o soño do fútbol sala!!!!
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas