21/06/2010

O CD Burela FS ficha o mozo andaluz Víctor Manuel Cachón

O CD Burela FS ficha o mozo andaluz Víctor Manuel Cachón

O CD Burela FS, seguindo a súa política de apostar pola xuventude, incorpora o xogador gaditano Víctor Manuel Cachón Suazo, que se compromete co club laranxa para a tempada 2010/11. Procedente do Extremadura Cáceres 2016, onde marcou 19 goles, Cachón é un ala-pivote zurdo de 22 anos, que destaca pola súa capacidade goleadora, velocidade e desbordamento.


Víctor Manuel Cachón é unha das novas promesas do panorama nacional, internacional con España na selección sub-21, con experiencia na categoría de Prata e ata en División de Honra xa que disputou 6 encontros co Lobelle de Santiago na súa época de xuvenil. O club compostelán incorporou a Cachón para o seu equipo filial tras a súa destacada actuación no campionato xuvenil de España de clubs, celebrado en Viveiro no ano 2006. O seu equipo, CD Géminis, foi a revelación do torneo e proclamouse subcampión estatal.


Na tempada 2007/08, fichou polo Albacete FS marcando 19 goles no grupo sur da División de Prata. Regresou a terras andaluzas, na campaña 2008/09, para xogar no Clipeus Nazareno, 9 goles, aínda que en decembro abandonou o club para incorporarse ao Melilla, onde logrou o ascenso, achegando 13 tantos, a División de Prata tras proclamarse campión do seu grupo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.