Antón Veiga: "A meta non é o final senón o principio dunha carreira"
Carta de felicitación do Delegado de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo ao CD Burela FS, dirixida ao presidente do club, José Ramón González Casas.
"A meta non é o final senón o principio dunha carreira"
E nesa apaixonante carreira seguiremos acompañándovos desde a Área de Deporte da Deputación de Lugo. Recibide pois os nosos parabéns polo magnífico traballo realizado na presente tempada en todas as categorías, masculina e feminina.
Sen outro particular, agardando que fagas extensible a devandita felicitación a toda a xunta directiva, xogadores/as e afección do CD Burela FS, recibe un cordial e afectuoso saúdo.
Atentamente
Antón Veiga Outeiro
Delegado de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo
CD Burela FS. A entidade laranxa agradece a felicitación de D. Antón Veiga Outeiro, así como o apoio da institución que representa e, particularmente, a súa presenza durante o play off de ascenso a División de Honra do equipo masculino.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas