08/06/2010
O Parrulo, rival do equipo cadete no torneo Cidade de A Coruña
A fase final do V torneo “Cidade de A Coruña” de fútbol sala 2010 contará coa presenza do equipo cadete da Escola Deportiva do CD Burela FS.
O conxunto dirixido por Marcelo Santoro ‘Neco’ disputará a semifinal do torneo herculino o vindeiro sábado día 12, a partir das 20:00 horas, ante o O Parrulo. O escenario do choque é o pavillón municipal “Barrio das flores” que albergará tamén a final o domingo día 13, ás 20:00 horas.
En caso de ser apeados do torneo, a escuadra laranxa xogará a final de consolación, tamén o domingo, a partir das 12:30 horas.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas