08/05/2010

O Ponte Ourense gaña o derbi galego ante o Burela FSF Pescados Rubén

O Ponte Ourense gaña o derbi galego ante o Burela FSF Pescados Rubén

O Burela FSF Pescados Rubén caeu por 5-3 no derbi galego da División de Honra ante o Ponte Ourense. O duelo galego foi intenso e con emoción ata os instantes finais sendo as ourensás as que levaron o botín grazas a un Burela que concedeu demasiadas facilidades.


Desde o inicio as burelenses dominaron o choque e Lidia referendou a superioridade laranxa co 0-1 (min.8). A renda puido aumentar pero a escasa definición visitante acabou propiciando o empate local; Cecilia definiu con claridade para establecer a igualada coa que se chegou ao descanso.


No segundo período o Ourense adiantouse pronto cun tanto de Ana. O Burela mantivo a iniciativa e xerou ocasións para a igualada que non chegou ata o minuto 28, por mediación de Claudia. As locais mantiñan unha defensa pechada, esperando a contra para sorprender o Burela como sucedeu no 3-2, marcado por Cecilia, e no 4-2. A seis minutos do final, o cadro laranxa apostou pola opción de porteira-xogadora e Rosana acurtou diferenzas pero Katia selou o choque co 5-3. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.