Os benxamíns, alevíns e infantís participarán no Campionato Provincial en Idade Escolar
Os equipos Benxamín A, Alevín A e Infantil B da EDM Burela FS participarán no Campionato Provincial en Idade Escolar despois de quedar entre os tres primeiros clasificados nas súas respectivas ligas.
Os benxamíns e alevíns, que remataron en terceira posición a competición, accederán ao campionato en oitavos de final, o vindeiro sábado, 17 de abril, no pavillón municipal de Vilalba. Os primeiros, adestrados por Carlos Moreno, enfrontaranse aos anfitrións a partir das 12.00 horas. Os segundos, baixo as indicacións de Carlos Méndez, mediranse a Guitiriz, ás 13.00.
Pola súa banda, o conxunto infantil estrearase na fase provincial nos cuartos de final, como primeiro clasificado da liga. Será o 24 de abril, ante A Fonsagrada, con localización e horario aínda pendentes de confirmación.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas