12/03/2010

O pechacancelas de Honra, Pinto Cellosa Torrejón, recala en Vista Alegre

O pechacancelas de Honra, Pinto Cellosa Torrejón, recala en Vista Alegre

No regreso de Honra tras o Nacional de Seleccións Territoriais, o Burela FSF Pescados Rubén retomará a competición en Vista Alegre mañá (18.30 horas) ante o Pinto Cellosa Torrejón, conxunto que chega á Mariña como pechacancelas da táboa.


Javier Pardeiro disporá de todos os seus efectivos na vixésimo segunda xornada para defender a cuarta praza (39 puntos) ante un rival a priori accesible. Sumidas no descenso cun reconto de 5 puntos, as madrileñas tan só puideron fuxir da derrota ante Logroño (3-3 e 6-4) e Castelldefels (2-2).


Co 3-8 da primeira volta como referencia, o cadro laranxa precisa puntuar para manter as distancias cos rivais directos, Atlético de Madrid Navalcarnero e UCAM Murcia, que ocupan a quinta e sexta praza respectivamente, con 37 puntos. Ambos os equipos tampouco deberían ter demasiadas complicacións nas súas citas; o Navalcarnero recibe o duodécimo, Logroño, e o Murcia visita a cancha do Teldeportivo, décimo quinto.


Por outra banda, un resultado positivo tamén lle serviría ao Burela FSF Pescados Rubén para non ampliar a brecha co podio; o terceiro posto ocúpao o Móstoles, a oito puntos das mariñás, o segundo é do Femesala Elche (50) e o liderado osténtao o Cajasur Córdoba (51).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.