25/02/2010

A alerta por fortes ventos obriga a suspender as actividades da EDM Burela FS

A alerta por fortes ventos obriga a suspender as actividades da EDM Burela FS

As diferentes categorías da EDM Burela FS non disputarán a xornada de Deporte Escolar programada para esta fin de semana ante o temporal que azouta Galicia dende hai días.


A Secretaría Xeral para o Deporte decidiu suspender todas as actividades de Deporte Escolar na comunidade polo risco ante a previsión de fortes ventos, que manterá as provincias da Coruña e Lugo en alerta vermella para as próximas horas. A partir das tres da madrugada de hoxe espéranse refachos de vento de máis de 120 quilómetros por hora, acompañado de chuvia e forte ondada.


A xornada aprazarase ata o 6 de marzo, retomando a actividade segundo a orde recollida na programación 2009-10.


Dende hoxe e por indicacións da Administración Local, a EDM Burela FS tamén suspende os adestramentos da semana para todos os seus equipos.


Liga Autonómica. Na tarde do venres 26, a Federación Galega de Fútbol Sala comunicoulle ao CD Burela o aprazamento das citas de cadete e infantil en competición autonómica. Os burelistas debían viaxar o domingo para enfrontarse ao Cidade de Narón, non obstante, o Concello naronés decidiu pechar as instalacións deportivas polo risco do temporal.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.