19/02/2010
Julio Delgado abandona as tarefas de segundo adestrador no Burela FS
O Burela FS continuará o seu periplo na División de Prata sen o preparador Julio Delgado, que abandona as tarefas de segundo adestrador e se desvincula da entidade laranxa por motivos estritamente persoais.
Julio Delgado, unido ao CD Burela FS como xogador nas súas primeiras tempadas, regresou ao club mariñán no presente exercicio para compartir responsabilidades con Suso Rey na preparación do equipo masculino.
A xunta directiva lamenta enormemente a marcha do técnico e agradece o seu labor no club burelao, que seguirá sendo a súa casa.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas