11/02/2010

O Burela FS colabora coa Federación Galega de Doadores de Sangue na recollida de material para Haití

O Burela FS colabora coa Federación Galega de Doadores de Sangue na recollida de material para Haití

O CD Burela FS colaborará coa Federación Galega de Doadores de Sangue e a Irmandade de Doadores da Coruña na recollida de material sanitario para Haití, o vindeiro luns, 15 de febreiro, en Vista Alegre.


Durante a xornada de hoxe, representantes da Federación e do club laranxa percorreron os diferentes centros de ensino da vila co fin de informar sobre a campaña de axuda aos miles de damnificados polo terremoto do país sudamericano. A iniciativa, que tamén conta co apoio do Concello de Burela, céntrase na recollida material básico para a atención médica: vendas, gasas, esparadrapo, tiras adhesivas, guantes, máscaras, iodo, antisépticos, antiinflamatorios, paracetamol, aspirinas ou algodón


Así, coincidindo co encontro da División de Prata ante o BP Andorra (21.00 horas), o CD Burela FS habilitará unha zona no pavillón para que o persoal da Federación de Doadores de Sangue poida recibir as contribucións dos mariñáns e mariñás. As persoas que así o desexen poderán depositar as súas achegas dende as 20.00 horas ata o remate do partido.


Todo o material reunido en Vista Alegre terá como destino os hospitais das cidades de Limani, Barahona e Azua, a onde chegan masivamente os feridos/as no tremor de terra que desolou Haití o pasado 12 de xaneiro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.