Actualidade
Visita laranxa ás escolas deportivas de Mondoñedo
Dentro do seu programa de promoción do fútbol sala, o CD Burela FS visitou onte unha das máis firmes apostas por este deporte na Mariña, a de Mondoñedo. Ás escolas deportivas da cidade cunqueiriana acudiron o adestrador do primeiro equipo masculino, Suso Rey; o segundo preparador do Burela FSF Pescados Rubén, Marcelo Santoro ‘Neco’; o ala Javi Rodríguez; a porteira Jozi e o directivo José Luís Sáez.
Unha trintena de rapaces e rapazas, acompañados do técnico de Deportes do concello mindoniense, Raúl González-Redondo, compartiron a xornada futbolística cos representantes laranxas. A sesión comezou ás 16.30 horas, con exercicios de quentamento e xogos de colaboración, que deron paso aos fundamentos tácticos, centrados en control, conservación e pase do balón e xogo modelado. A visita finalizou ás 18.30 horas, despois dunha distendida charla entre o alumnado mindoniense e o persoal burelista.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas