14/01/2010

O duelo entre mariñáns e lugueses resólvese cun axustado 1-2

O duelo entre mariñáns e lugueses resólvese cun axustado 1-2

O duelo amigable entre o CD Burela FS e o Azkar Lugo resolveuse onte cun axustado 1-2 a favor dos transportistas, nunha cita na que os anfitrións non estiveron acertados de cara á portería.


Nun encontro moi igualado, poucos foron os goles en Vista Alegre, que estiveron concentrados no segundo período da primeira parte. A vantaxe que Juanma lles brindou aos laranxas, co 1-0 no minuto 11, converteuse en empate poucos segundos despois das zapatillas de Rafa López. O 1-2 chegou no seguinte minuto tras unha decisión arbitral polémica que desencadeou nun saque de esquina e posterior finalización de Adri.


Tras o descanso, o protagonismo foi para os porteiros de ambos os conxuntos, que lograron manter infranqueable cadansúa meta ata o asubío final.


Ficha técnica


Burela FS: Brais, Revilla, Juampe, Christian e Juanma; tamén xogaron Turero, Minu, Javi Rodríguez, Purao, Dani Martín, André, Manuel e Edu


Azkar Lugo: Toni, Adri, Matamoros, Rafa López e Hugo; tamén xogaron Miguel, Iago, Solloso e Antonio


Goles: 1-0, min. 11, Juanma; 1-1, min. 11, Rafa López, 1-2, min. 12, Adri


Tarxetas amarelas: min. 33, Matamoros; min. 37, Miguel; min. Adri; min. 39 Hugo

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.