28/12/2009

O CD Burela FS sela a súa colaboración coa escola asturiana Cangasport

O CD Burela FS sela a súa colaboración coa escola asturiana Cangasport

Na súa aposta polo fútbol sala de base, o CD Burela FS vén de asinar un convenio de colaboración coa escola asturiana Cangasport. Ata Cangas del Narcea viaxaron a semana pasada o director da EDM Burela FS, Alfonso Mera, e o capitán do primeiro equipo masculino, Juanma Marrube, para a formalización do acordo.


A sinatura entre o CD Burela FS e Cangasport estivo englobada na I Gala do Fútbol Sala da escola asturiana, o pasado 23 de decembro, coa homenaxe a diferentes persoas relacionadas con este deporte no concello. No devandito acto os representantes laranxas participaron, ademais, nunha mesa redonda sobre o fútbol sala e a importancia do deporte de base, xunto ao coordinador de Cangasport, Daniel Cuervo, e o porteiro cangués do Carnicer Torrejón, Antonio Fernández ‘Toño’, entre outros.


No marco deste novo vínculo a través da formación de mozos/as deportistas, o Burela FS disputará un amigable anual co primeiro equipo masculino do Cangasport na pista asturiana. Ademais, xogadores e xogadoras laranxas participarán en xornadas técnicas en Cangas del Narcea e ambas as dúas entidades deportivas intercambiarán xornadas de convivencia en todas as súas categorías. Así mesmo, a entidade laranxa tamén terá á súa disposición un seguimento completo dos futbolistas cangueses/as, como posible nutrición para os primeiros equipos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.